Normalización Lingüística

A Área de Normalización Lingüística ten como principal obxectivo darlle soporte á tarefa de extender o uso e a normalización da lingua galega, como lingua propia do país. Desde esta área, lévanse a cabo diversas actividades e programas de fomento do galego, tanto para a administración local como para o público xeral.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

  • normalizacion@cabanas.gal

Recursos de normalización lingüística

O Servizo de Normalización Lingüística, que o Concello de Cabanas comparte coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, ofrece unha serie de recursos que poden consultarse nesta ligazón.

Programa Familingua

 O programa Familingua aporta as ferramentas para a promoción da crianza con apego en galego.

Certame de Poesía do Concello de Cabanas

O Certame de Poesía do Concello de Cabanas naceu en maio de 2020, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas adicado ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. O seu obxectivo é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística e a creatividade, e está dirixido a persoas de todas as idades.

Rede Galega de Normalización Lingüística

A Rede Galega de Normalización Lingüística é unha asociación na que se desenvolven actuacións en materia de dinamización lingüística nos ámbitos social, cultural, educativo e lúdico.