Xoves, Outubro 10

Praia canina de Cabanas

Durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de cada ano estará en vigor a Praia Canina de Cabanas, un espazo de 150 metros situado no extremo sur da Praia da Madelena (contra o faro), que se rexerá polas normas que se poden consultar a continuación.

  • Os cans deberán dispórde microchip, e ter presenza da cartilla de vacinas actualizada.
  • Non poderán acceder á praia os cans sen desparasitar, con enfermidades infecciosas en curso, femias en celo e cachorros ata que non teñan todas as súas vacinas.
  • Recoller os excrementos da mascota, será obrigatorio levar sempre un número suficiente de bolsas para recollelos e depositalas nas papeleiras existentes.
  • Prohibido realizar ouriñes na praia.
  • Se está catalogado como raza perigosa (Artigo 27), deberá levar posto a boceira, o colar e estar suxeito con correa.
  • Ter controlada a mascota por respecto ao resto de usuarios da praia xa que o propietario será o responsable de calquera dano que poida ocasionar.
  • Unicamente se autorizará a tenza de dous animais por persoa.
  • Na zona delimitada non se permitirá o adestramento ou as clases de instrución por parte de profesionais.
  • Non estarán permitidos os cans con historial de agresividade cara a outros animais ou persoas.

Persoal do Concello de Cabanas e a Policía Local fará controis rutineiros para garantir o cumprimento das normas, que se poden consultar completamente na Ordenanza de Tenza de Animais. No caso de incumprimentos de ditas normas aplicaranse as sancións previstas no artigo 41 da citada Ordenanza.