O proxecto «CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO MEDIO MARIÑO – CIMM CABANAS» está promovido polo Concello de Cabanas, e pretende conxugar un servizo público vencellado á protección do medio ambiente mariño, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira deste Concello, colaborando na posta en marcha de infraestruturas e medios que incidan na contención do cambio climático.
Esta iniciativa contempla que as xentes do mar de Cabanas poidan transmitir o seu coñecemento sobre o mar ao resto da poboación e ás persoas que se acheguen a esta vila, ben sexa en primeira persoa ou por medio das novas tecnoloxías de musealización e canalizar estes coñecementos para axudar a revalorizar o ecosistema mariño. Toda a información obtido será recollida nos contidos do novo Centro de Interpretación do Medio Mariño que se construirá en Cabanas con esta axuda, nas fichas didácticas paraescolares, nos folletos de difusión, na web e redes sociais do proxecto e nas diferentes accións de difusión que se prevén realizar para valorizar o noso medio e así os produtos da ría. As redeiras, os mariñeiros e a xente do marisqueo, participarán en diferentes accións formativas e de divulgación que apoiarán todo este proxecto de creación do espazo físico do CIMM.
O proxecto estase a realizar grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellaría do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
- Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 127.292,00€
- Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 84.337,00€
- Total axuda pública aprobada (€): 84.337,00€
- % Subvención: 100%
Obxetivo xeral:
O proxecto ten como obxectivo concienciar aos profesionais do mar e á poboación en xeral sobre o apoveitamento sostible do patrimonio medioambiental do noso mar e a necesidade de coidalo e preservalo. Nestes tempos nos que o cambio climático é evidente, consideramos fundamental informar sobre as ameazas que ten o noso mar por medio do coñecemento do medio mariño e da cultura mariñeira pola nosa xente do mar e pola poboación.
Obxetivos específicos:
- A posta en marcha do CIMM de Cabanas como un espazo de referencia para o coñecemento do medio, con contidos e información actualizada e activa.
- Chegar á xente máis nova por medio de material adecuado a ela con accións de dinamización nas que se contará co apoio das xentes do mar para difundir a nosa cultura, tales como mariñeiros, redeiras, mariscadoras, …
- Crear soportes de comunicación e divulgación tecnolóxica propios para poder levar a mensaxe mais alá do espazo físico e realizar accións sobre as mesmas.
Prazo total: 30 meses
Anualidades: 3
Data fin de execución: 31/10/2022