viernes, diciembre 13

Valorización da actividade mariñeira e dos seus espazos extractivos no litoral de Cabanas. Cabanas Mar

O proxecto “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE MARIÑEIRA E DOS SEUS ESPAZOS EXTRACTIVOS NO LITORAL DE CABANAS. CABANAS MAR (GALP2-218) está impulsado polo Concello de Cabanas para valorizar o labor marisqueiro e dignificar os oficios mariñeiros a través de accións de sensibilización.

CABANAS MAR está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento  local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar  aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 81.009,50 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 72.908,55 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 72.908,55 €
  • % Subvención: 90

Obxectivo xeral:

Valorizar o labor marisqueiro e dignificar o seu oficio, mediante a execución de diversas accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral.

Obxectivos específicos:

  • Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto).
  • Visibilizar a actividade extractiva no municipio mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños en relación aos que se comercializan na zona e os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022: