O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) foi aprobado provisionalmente polo pleno do 31 de outubro de 2018. Neste punto foi enviado á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.
A Xunta de Galicia solicitou unha serie de enmendas ou informes complementarios que están a ser elaborados para a súa remisión e posterior continuación co trámite.
A documentación que se pode consultar a continuación inclúe, ademais do documento aprobado no 2018, o expediente aprobado inicialmente polo pleno do 29 de xaneiro de 2013.
En cumprimento coa LOPD non se inclúen os documentos que conteñen datos de carácter persoal (informe de alegacións e convenio urbanístico F.L.A. – Irís).
Para calquera consulta sobre o PXOM, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos municipais do Concello de Cabanas, previa cita, a través do 981 495 959.
Documentación.