Bandos

Os Bandos son normas adoptadas directamente pola Alcaldía cuxo obxecto é lembrar e aplicar o previsto noutra norma, polo xeral nunha Ordenanza. Pódense clasificar en tres categorías: Periódicos. Limitados a lembrar o cumprimento de obrigacións contempladas noutras disposicións xerais. De policía e bo goberno. O seu obxecto coincide co asignado ás Ordenanzas. De urxencia. Serven para facer fronte a situaciósn imprevistas.