viernes, diciembre 13

Chegar

 O concello de Cabanas está situado ao nordeste da provincia da Coruña. Enmárcase na comarca do Eume, e limita ao norte e ao oeste co concello de Fene, ao leste co concello da Capela e ao sur coa ría de Ares e os concellos de Pontedeume e Monfero.


Conta con sete parroquias, nos que se distribúe a súa poboación: Regoela, Salto, Laraxe, Porto, Cabanas, Soaserra e Irís.

Na parte sur do concello a paisaxe, de oeste a leste, distínguese polas praias, cantís e marisma nas parroquias de San Martiño de Porto e Cabanas, e o val do río Eume, máis amplo na parroquia de Irís e angosto en Soaserra, onde forma parte do canón do Eume.

No leste érguense as elevacións da serra, que serven de límite orográfico co concello da Capela, onde se atopan as maiores elevacións do concello, sendo o Pico da Aguia, con 474 metros, o de maior altura.