Xoves, Outubro 10

Participación Veciñal e Asociacionismo

O Concello de Cabanas considera que a participación veciñal na vida municipal ten que ser continua, e que non pode quedar reducida unicamente aos procesos electorais, polo que se creou a Área de Participación Veciñal.

Desde xaneiro de 2020 Cabanas conta cun Regulamento de Participación Veciñal que establece as diferentes vías de participación da veciñanza na vida municipal, tanto de maneira individual como colectiva, dentro das posibilidades da lexislación vixente.

O Regulamento establece o procedemento polo cal a veciñanza e as entidades de Cabanas poden participar, informándose e opinando, sobre diferentes aspectos da vida municipal do noso concello. Así mesmo contempla a creación da Asemblea Veciñal e o Consello de Participación Veciñal como órganos de participación local.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.