Venres, Setembro 29

Igualdade e LGTBI e Cooperación

A Área de Igualdade, LGTBI e Cooperación encárgase de todo o que ten que ver coas políticas de igualdade, prevención da violencia machista, atención ás diversidades e cooperación.

O Servizo dispón de atención ao público previa cita.

Cabanas Diversa

Cabanas Diversa é unha estratexia que engloba actividades arredor da diversidade sexual. Implantouse coincidindo co Día do Orgullo 2019, e desde aquela desenvolvéronse diversas actividades nesta liña.

III Plan de Igualdade de Oportunidades (III PIOMH)

O III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Cabanas (PIOMH) é un instrumento que vertebra as liñas de acción municipais en materia de igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero, atendendo tanto ás estruturas formais como ás simbólicas e socioculturais.

O documento pódese descargar desde este enlace.

Rede Local contra a Violencia de Xénero

Esta rede de entidades busca conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

Programa Tribo

O Programa Tribo é un espazo de encontro para promover o empoderamento feminino, a sororidade e a dignificación do feminismo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cabanas participa activamente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, plataforma que agrupa concellos e deputacións de Galicia no desenvolvemento de iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque dos Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.