Entrega de premios do I Concurso de Poesía do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres tivo lugar na Casa do Concello o acto de entrega de premios do I Certame de Poesía convocado con motivo das Letras Galegas, adicado ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Esta cerimonia fora adiada desde o mes de maio por mor da situación epidemiolóxica da COVID-19.

O acto estivo presidido por María Muíño, deputada provincial de normalización lingüística, e nel participaron a concelleira de normalización de Cabanas, Paula González, o alcalde, Carlos Ladra, e o membro do xurado, o autor Antonio Fraga. Desculpou asistencia a tamén membra do xurado Eva Veiga, mais enviou unha intervención para ser lida durante o acto.

Durante o mesmo, as premiadas deron lectura ás súas obras, que foron as seguintes:

  • Categoría adulta: «A perda», de María Esther Val.
  • Categoría xuvenil: «Versus corona versus», de Ana Fraile.
  • Categoría infantil: premio ex aequo para as obras «O noso virus», de Icía María Izquierdo, e «Vaite COVID-19», de Manuela Feal.

 

Share.

.