Acto de entrega de premios do “I Certame de Poesía” Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas celebrará este venres, ás 19h no Salón de Plenos, o acto de entrega de premios do I Certame de Poesía convocado con motivo das Letras Galegas, este ano adicadas á figura de Carvalho Calero. Recupérase así esta cerimonia, inicialmente prevista para maio e adiada por mor da crise sanitaria da COVID-19.

O acto estará presidido pola deputada provincial de normalización lingüística, María Muíño, que estará acompañada de Paula González, concelleira de normalización en Cabanas, dos membros do xurado Antonio Fraga e Eva Veiga, e do alcalde, Carlos Ladra.

Na categoría adulta resultou gañadora a obra “A perda”, de María Esthter Val, mentres que na categoría xuvenil impúxose a obra “Versus corona versus”, de Ana Fraile. No premio infantil o xurado decidiu que fose un premio ex aequo entre as obras “O noso virus”, de Icía María Izquierdo, e “Vaite COVID 19”, de Manuela Feal. Ademais destes premios, todas as persoas participantes recibirán un detalle por parte do Concello de Cabanas.

O acceso á cerimonia é libre até completar o aforo, que estará limitado seguindo as recomendacións sanitarias. Desde o Concello recoméndase reservar praza enviando un correo a normalizacion@cabanas.gal ou chamando ao 649 075 263.

Share.

Comments are closed.