Neste maio das Letras, continúa a programación do Concello de Cabanas para celebrar o Día das Letras Galegas, con eventos que terán lugar ao longo de todo o mes.
O próximo sábado 29 de maio, ás 12h no Salón de Plenos da Casa do Concello, terá lugar unha sesión de contacontos ilustrado da man do Colectivo Polo Correo do Vento, baixo o título “Xela Arias. Liberdade, solidareidade e amor pola lingua”. Trátase dunha actuación destinada ao público familiar, que precisa de inscrición previa no correo normalizacion@cabanas.gal ou no teléfono 981 495 959 (ext. 6).
Ademais mañá, sábado 22 de maio ás 19h, celebrarase o acto de entrega do II Certame de Poesía Concello de Cabanas.