Mércores, Abril 24

Cabanas premiou os mellores disfraces a través das redes sociais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de resolver os premios aos mellores disfraces, nun concurso que debido a situación epidemiolóxica foi celebrado a través das redes sociais, no que as persoas participantes compartiron as súas montaxes e creacións co cancelo #EntroidoCabanas.

Repartíronse premios en tres categorías (colectiva, infantil individual e adulta individual), resultando premiadas as seguintes persoas:

Categoría colectiva.

1º premio: Lucía Vaquero e Eume Varela
2º premio: Martín e Candela Amado
3º premio: Concepción Fraga e fillos.

Categoría individual infantil

1º premio: Lucas Roca
2º premio: Valeria Gómez
3º premio: Santiago Pena

Categoría individual adulta

1º premio: María Victoria Martínez
2º premio: Raquel Aguilar.

Todas as persoas premiadas recibirán como agasallo un vale para consumir no comercio e hostalería locais, que van desde os 50 até os 100 euros, dependendo da modalidade e categoría.

Pódese ver a galería de imaxes das persoas participantes na seguinte publicación do Facebook do Concello de Cabanas.

Share.

Comments are closed.