viernes, diciembre 13

Entrega de premios do II Certame de Poesía do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O salón de plenos do Concello de Cabanas acolleu esta tarde o acto de entrega de premios do II Certame de Poesía, organizado desde a área de normalización lingüística do concello, dentro da programación arredor das Letras Galegas.

No acto fíxose entrega dos premios fallados polo xurado – composto polos autores Antonio Tizón e Henrique Sanfiz, ademais da concelleira de normalización lingüística de Cabanas, Paula González – ás persoas premiadas: Mencía Pereira, na categoría infantil-xuvenil; Lúa Vila, na categoría adulta e Marcos Filgueiras, accésit desta mesma categoría.

A deputada provincial de Normalización Lingüística, María Muíño, participou na entrega de premios, onde puxo en valor “a aposta do Concello de Cabanas por dignificar a lingua galega a través da produción literaria”, mentres que a concelleira responsábel da área, Paula González, agradeceu a “alta participación nun Certame que se consolida no panorama cultural do país”.

Pola súa banda, o alcalde accidental, Iago Varela, afondou na “aposta firme do Concello de Cabanas pola lingua galega”, e avanzou a posta en funcionamento a vindeira semana “dun servizo de normalización lingüística dotado con persoal técnico, que será chave para avanzar na normalización do galego no noso concello».

Share.

.