Mércores, Maio 8

As Fragas do Eume e o Camiño Inglés, as apostas de Cabanas en Fitur 2021

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participa por segundo ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que hoxe abre as súas portas en Madrid, co obxectivo de seguir avanzando en políticas que permitan desestacionalizar as visitas ao concello e fomentar o emprego ligado ao sector, os dous principais retos da área de turismo de Cabanas.

As participantes na feira que se acheguen até o stand de Turismo de Galicia poderán descubrir algunhas das propostas que Cabanas ofrece ás visitantes, destacando o proxecto Camiños de Identidade, un acceso diferente ao corazón das Fragas do Eume combinado con actividades etnográficas ligadas ao fiado da lá, ou as diferentes opcións para descubrir o concello, adaptadas a diferentes públicos, como o camiño da costa, o roteiro polos muíños e a ruta do patrimonio indiano.

“Desde a área de turismo traballamos para poñer en valor o conxunto do noso territorio co obxectivo de favorecer a creación de emprego e o impulso de novas iniciativas económicas ligadas a un sector – o do turismo – chave na reactivación económica” sinalou o tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela.

Presentación do Camiño Inglés

Durante a súa visita a FITUR, Iago Varela participou na presentación da campaña de promoción do Camiño Inglés, elaborada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, na que estivo presente o xornalista especializado en viaxes Paco Nadal, que recentemente realizou a ruta xacobea.

Varela considerou que “o Camiño Inglés é unha oportunidade que sitúa a Cabanas no mapa e abre a porta a podérmonos amosar un concello que combina unha franxa costeira ideal para o desfrute cun entorno rural e natural aínda por descubrir”.

Share.

Comments are closed.