Sábado, Abril 20

Cabanas convoca unha praza de persoal técnico de turismo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da convocatoria para a selección dunha persoa para ocupar a praza de persoal técnico de turismo, para a o servizo de promoción turística do concello na Oficina de Información situada no Parque do Areal.

As bases da convocatoria, publicadas no BOP deste mércores 5 de maio, establecen que poden optar a esta praza as persoas con titulacións vencelladas á área de turismo, ademaias das que posúan graos ou licenciaturas en historia da arte, humanidades, xeografía, historia ou o dobre grao en ciencias empresariais e turismo.

A duración do contrato será de 5 meses, cun salario bruto de 1842,27 euros, e as persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes por rexistro dentro do prazo establecido, de 5 días hábiles a comezar mañá (até o mércores 12 de maio).

Descarga |Bases da convocatoria

Share.

Comments are closed.