V Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas organiza un ano máis o Certame de Poesía e Microrrelato. Esta edición, que será a 5ª, constata o éxito dos anteriores e dende o consistorio municipal invítase a todos/as a participar neste concurso, no que ademáis de desfrutar, estaremos aprendendo e poñendo en valor a nosa cultura.

As condicións para participar son as seguintes:

As obras deberán estar escritas de maneira íntegra en lingua galega e serán orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames ou concursos en datas anteriores á resolución das persoas gañadoras neste certame.
O tema será libre.
Haberá un premio por categoría, así como un agasallo para todas as persoas participantes.
As categorías serán as seguintes:
1.1. Categoría infantil / xuvenil de poesía (ata os 17 anos)
1.1. Categoría infantil / xuvenil de microrrelato (ata os 17 anos)
2.1. Categoría adulta de poesía (de 18 anos en adiante)
2.2. Categoría adulta de microrrelato (de 18 anos en adiante)
*Para o cómputo da idade, establécese como data de referencia a data máxima de presentación de orixinais (o 14 de maio de 2024).
As obras presentaranse da seguinte maneira:
As poesías e os microrrelatos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, a elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados mecanografados, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e como mínimo, coa extensión seguinte, dependendo da categoría na que se presenten:
Poesía
• Categoría infantil / xuvenil: 10 versos (mínimo) / 20 versos (máximo)
• Categoría adulta: 40 versos / 80 versos (máximo)
Microrrelato
• Categoría infantil / xuvenil: 10 liñas (mínimo) / 20 liñas (máximo)
• Categoría adulta: 15 liñas (mínimo) / 30 liñas (máximo)
As follas deberán estar paxinadas e sen asinar.
Os textos remitiranse ao Departamento de Cultura do Concello de Cabanas, a través do correo electrónico: cultura@cabanas.gal, figurando no asunto o PSEUDÓNIMO da persoa autora. Enviaranse dous arquivos PDF: o primeiro deles coa ficha de inscrición da persoa participante, e o segundo, co traballo que se presente ao concurso e que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
Exemplo: o autor PSEUDÓNIMO enviará dous arquivos pdf ao enderezo de correo electrónico indicado:
PSEUDÓNIMO_FICHA DE INSCRICIÓN.PDF
PSEUDÓNIMO_TÍTULO DA OBRA.PDF
O prazo de admisión de orixinais rematará ás 23:59 horas do martes 14 de maio de
2024.
A decisión do Xurado farase pública o xoves 16 de maio de 2024 na páxina web do Concello (https://cabanas.gal/).
O acto de entrega dos premios realizarase o domingo 19 de maio de 2024 como acto de clausura dos eventos organizados esa fin de semana con motivo do Día das Letras Galegas.
A documentación para participar, tanto as bases do concurso como a ficha da inscrición, atópase ao final deste artigo.
[ES]
El Concello de Cabanas organiza un año mas el Certamen de Poesía y Microrrelato. Esta edición, que será la 5ª, constata el éxito de los anteriores y desde el consistorio municipal se invita a todos/as a participar en este concurso, en el que además de disfrutar, estaremos aprendiendo y poniendo en valor nuestra cultura.

Las condiciones para participar son las siguientes:

Las obras deberán estar escritas de manera íntegra en lengua gallega y serán originales, inéditas y no premiadas en otros certámenes o concursos en fechas anteriores a la resolución de las personas ganadoras en este certamen.
El tema será libre.
Habrá un premio por categoría, así como un detalle para todas las personas participantes.
Las categorías serán las siguientes:
1.1. Categoría infantil / juvenil de poesía (hasta los 17 años)
1.1. Categoría infantil / juvenil de microrrelato (hasta los 17 años)
2.1. Categoría adulta de poesía (de 18 años en adelante)
2.2. Categoría adulta de microrrelato (de 18 años en adelante)
*Para el cómputo de la edad, se establece como fecha de referencia la fecha máxima de presentación de originales (el 14 de mayo de 2024).
Las obras se presentarán de la siguiente manera:
Las poesías y los microrrelatos se deberán redactar en lengua gallega y su temática será libre, a elección de las personas participantes. Los textos deberán ser presentados mecanografiados, a un espacio y medio, con formato de fuente Times New Roman, tamaño 12, y como mínimo, con la siguiente extensión, dependiendo de la categoría en la que se presenten:
Poesía
• Categoría infantil / juvenil: 10 versos (mínimo) / 20 versos (máximo)
• Categoría adulta: 40 versos / 80 versos (máximo)
Microrrelato
• Categoría infantil / juvenil: 10 líneas (mínimo) / 20 líneas (máximo)
• Categoría adulta: 15 líneas (mínimo) / 30 líneas (máximo)
Las hojas deberán estar paginadas y sin firmar.
Los textos se remitirán al Departamento de Cultura del Concello de Cabanas, a través do correo electrónico: cultura@cabanas.gal, figurando en el asunto el PSEUDÓNIMO de la persona autora. Se enviarán dos archivos PDF: el primero de ellos con la ficha de inscripción de la persona participante, y el segundo, con el trabajo que se presente al concurso y que llevará el PSEUDÓNIMO y el TÍTULO de la obra.
Exemplo: el autor PSEUDÓNIMO enviará dos archivos pdf a la dirección de correo electrónico indicado:
PSEUDÓNIMO_FICHA DE INSCRIPCIÓN.PDF
PSEUDÓNIMO_TÍTULO DE LA OBRA.PDF
El plazo de admisión de originales acabará a las 23:59 horas del martes 14 de mayo de
2024.
La decisión del Jurado se hará pública el jueves 16 de mayo de 2024 en la página web del Concello (https://cabanas.gal/).
El acto de entrega de los premios se realizará el domingo 19 de mayo de 2024 como acto de clausura de los eventos organizados ese fin de semana con motivo del Día das Letras Galegas.
La documentación para participar, tanto las bases del concurso como la ficha de la inscripción, se encuentran al final de este artículo.
Descarga PDF:
Share.

Comments are closed.