Domingo, Xuño 23

Publicados os gañadores do V Certame de poesía e microrrelato do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

FALLO DO XURADO V CERTAME DE POESÍA E MICRORRELATO DO CONCELLO DE CABANAS

O xurado estivo formado por Manuela Sardiña Feal, profesora de lingua galega e francesa de Educación Secundaria, Lucía López Freire, xornalista e profesora de lingua castelá de Educación Secundaria e Vanesa Fontán Rico, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabanas.

Unha vez reunido o xurado o mércores 16 de maio, ás 19:00 horas, na Escola Laica, Casa da Cultura do Concello de Cabanas, e despois de ler todas as obras presentadas á 5ª edición do Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas, o seu fallo foi o seguinte:

Pola súa orixinalidade, pola forma de expresarse, por un bo uso da lingua galega e a sensibilidade dos temas tratados, os textos gañadores da 5ª edición do Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas, na categoría adulta son os seguintes:

Poesía: obra “Medidas”, pseudónimo: Darnell Crabman. Autor: Pablo Nogueira Campo

Microrrelato: obra “A lingua do corazón”, pseudónimo: Rumboliberdade. Autor: Pablo Joaquín Pece Montenegro

No que se refire ás categorías de infantil e xuvenil, de poesía e microrrelato, declaráronse desertas.

O acto de entrega dos premios realizarase este domingo día 19 de maio na Escola Laica, Casa da Cultura, clausurando os eventos organizados durante a fin de semana con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

Desde o Concello de Cabanas queremos agradecer a participación nesta nova edición do Certame de Poesía e Microrrelato.

 

[ES]

FALLO DEL JURADO V CERTAME DE POESÍA E MICRORRELATO DEL CONCELLO DE CABANAS

El jurado estuvo formado por Manuela Sardiña Feal, profesora de lengua gallega y francesa de Educación Secundaria, Lucía López Freire, periodista y profesora de lengua castellana de Educación Secundaria y Vanesa Fontán Rico, concejala de Cultura y Normalización Lingüística del Concello de Cabanas.

Una vez reunido el jurado el miércores 16 de mayo, a las 19:00 horas, en la Escuela Laica, Casa de la Cultura del Concello de Cabanas, y después de leer todas las obras presentadas a la 5ª edición del Certamen de Poesía e Microrrelato del Concello de Cabanas, su fallo fue el siguiente:

Por su originalidad, por la forma de expresarse, por un buen uso de la lengua gallega y la sensibilidad de los temas tratados, los textos ganadores de la 5ª edición del Certamen de Poesía e Microrrelato del Concello de Cabanas, en la categoría adulta son los siguientes:

Poesía: obra “Medidas”, pseudónimo: Darnell Crabman. Autor: Pablo Nogueira Campo

Microrrelato: obra “A lingua do corazón”, pseudónimo: Rumboliberdade. Autor: Pablo Joaquín Pece Montenegro

En lo que se refiere a las categorías de infantil y juvenil, de poesía y microrrelato, se declararon desiertas.

El acto de entrega de los premios se realizará este domingo día 19 de mayo en la Escuela Laica, Casa de la Cultura, clausurando los eventos organizados durante el fin de semana con motivo de la conmemoración del Día de las Letras Galegas.

Desde el Concello de Cabanas queremos agradecer la participación en esta nueva edición del Certamen de Poesía y Microrrelato.

Share.

Comments are closed.