A oceanógrafa Ángeles Alvariño González

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas escolleu neste 2021 a figura de Ángeles Alvariño González para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. unha xornada proclamada en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de acadar o acceso e á participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas. A escolla de Alvariño para esta celebración coincide co ano no que avanzará a construción do Centro de Interpretación do Medio Mariña de Cabanas, un espazo que servirá para pór en valor o traballo das mulleres no mundo do mar.

Infografía

Na seguinte infografía pódese consultar a cronoloxía da súa vida e algún dos fitos máis destacados da súa prolífera carreira, desde os seus inicios vencellada ao Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo, até o seu posterior traslado aos Estados Unidos, no Woods Hole Oceanographic Institution de Massachusetts e na Scripps Institution of Oceanography de La Jolla, en California. [pódese descargar a infografía en maior calidade clicando aquí].

Referencias e ligazóns de interese

Pódese obter máis información sobre a figura e o traballo de Ángeles Alvariño nas seguintes ligazóns:

Share.

Comments are closed.