viernes, diciembre 13

Cabanas convoca unha praza de persoal técnico en igualdade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da convocatoria para a selección dunha persoa para ocupar a praza de persoal técnico ou axentes de igualdade, mediante o procedemento de concurso – oposición.

A persoa que resulte seleccionada terá como funcións, entre outras, a detección de necesidades en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, ou a programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade no territorio.

Segundo se recolle nas bases da convocatoria, publicadas no BOP deste venres 7 de maio, para optar a esta praza é preciso estar en posesión do grao, licenciatura ou diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área de ciencias sociais e xurídicas.

A duración do contrato será de 7 meses, a media xornada, cun salario bruto de 921,14 euros. As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes por rexistro dentro do prazo establecido, de 5 días hábiles (até o venres 14 de maio).

Descarga | Bases BOP

 

Share.

.