Sábado, Abril 17

Sanidade aplica novas restricións en Cabanas polo aumento de casos de COVID-19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Á vista do aumento no número de casos por COVID-19 detectados en varios concellos, coma o de Cabanas, a Consellaría de Sanidade decidiu ampliar as restricións que se aplican no noso concello a partir das 00.00h do venres 15 de xaneiro (madrugada do xoves ao venres). A falta de que estas medidas sexan publicadas no DOG, as principais novidades son as seguintes:

  • 🚫 Cabanas queda pechada perimetralmente. Non se poderá entrar ou saír do termo municipal agás por causa xustificada.
  • ⌚ Hora de recollida: Adiántase a hora de recollida, que será de 22.00 a 06.00h.
  • 🍷 Hostalería. Bares, cafetarías, restaurantes e outros negocios de hostalería non poderán servir no interior, só na terraza con limitación de aforo e máximo até as 18.00h. Estará dispoñíbel o servizo a domicilio sen limitación horaria.
  • 🛍️ Comercio. Establécese a hora máxima de peche ás 21.30h.
  • 🧑🏽‍🤝‍🧑🏻 Xuntanzas con outras persoas: As xuntanzas poderán ser dun máximo de 4 persoas, convivintes ou non.
  • 🏃🏾 Actividades deportivas grupais. Grupos de máximo 4 persoas.

*Estas medidas poden mudar coa súa publicación no DOG.

Share.

Comments are closed.