Sábado, Abril 17

Convocatoria de cursos de formación de socorrismo acuático

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa á veciñanza de que a través do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está prevista a impartición de certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático, do que se poden beneficiar un máximo de 6 mozas ou mozos maiores de 18 anos de Cabanas. En concreto, será a través dos seguintes programas:

  • AFDP0209 Socorrismo en espazos acuáticos naturais (420 horas: 340 horas de formación teórica e 80 horas de formación práctica).
  • AFDP0109 Socorrismo en instalacións acuáticas (210 horas: 130 horas de formación teórica e 80 de formación práctica).

A formación teórico – práctica deste cursos realizarase no Centro de Formación da Cruz Vermella da Coruña, e as prácticas profesionais non laborais en praias dos concellos da provincia. Primeiramente levarase a cabo a formación en espazos naturais, con data de inicio prevista para mediados de febreiro, e logo da tempada de praias – previsibelmente a finais de setembro – desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso, e á necesidade de ter que realizar probas físicas no caso dun número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello. O prazo de inscrición será até o próximo venres 5 de febreiro ás 14 horas, e a documentación debe enviarse por correo electrónico ao enderezo pel.socorrismo.acuatico@dacoruna.gal

A continuación pódese descargar o formulario de inscrición, os requirimentos para poder participar, o programa formativo e a “check list” de documentación a entregar.

Descargas | Formulario inscrición | Requirimientos | Programa | Check list

Share.

Comments are closed.