Resultados da Copa de Galicia e Campionato Galego de Infantís de Kaiak de Mar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado domingo realizouse a regata Copa de Galicia e Campionato Galego de Infantís de  Caiac de mar.

O evento organizado polo Concello de Cabanas a través da súa concellería de Deportes, coa colaboración do club Cabanas KDM contou con máis de 320 participantes. Ano a ano o número de participantes segue crecendo, sumando palexeiros mesmo doutras comunidades autónomas.

A xornada que comezou co campionato Galego de Infantís na mañá do domingo, onde o Club Cabanas  KDM conseguiu a 1º praza de clubs en categoría masculina, e 4º en categoría feminina.

Na tarde, realizáronse as probas da Copa de Galicia de Caiac de Mar, onde os magníficos resultados do Cabanas KDM fixeron que o club lograse a 2º posición absoluta de clubs na regata.

O Concelleiro de deportes e Alcalde Carlos Ladra realizou as seguintes declaracións nas entrevistas realizadas durante as regatas “Desde o  Concello estamos orgullosos do magnífico traballo que está a realizar o Cabanas  KDM, e como non podería ser doutra maneira desde o  Concello seguiremos traballando para que o club continúe crecendo e logrando estes magníficos resultados” tamén recalcou “ Cabanas é un lugar ideal para practicar todo tipo de deporte, pero neste caso é perfecta para desenvolver o piragüismo, dado que temos rio e mar onde poder realizar os seus adestramentos, iso sumado ao esforzo de todos os integrantes do club fai que teñan este éxito”.

Aquí deixámosvos os resultados obtidos polo Club local:

II Competición da liga Galega Kaiak de Mar – Campionato Galego

Muller Infantil  B  K1 3000

4° Carla Álvarez

10° Noa  Fachal.

Home Infantil  B  K1 3000

5° Breogán González

6° Hugo Méndez

16° Marcos  Salorio

17° Mauro Bouza

23° Pablo García

24° Gonzalo Vale

Home infantil A  K1 3000

1º Borja López

6° Carlos Rodríguez

7° Teo Fraga

9° David  Tellado

16° Angel Otero

Copa de Galicia de Caiac de Mar

K2 mixto  senior  sprinter 10000

2º Cris Carro e Fran Vázquez

Home Xuvenil  SS1 10000

3º Dani  Tellado

Home Xuvenil  SS2 10000

1º Mateo López e Jorge Rodríguez

4°  Yonatan  Barandiarán e Ignacio Rodríguez

Home Senior  K1 Tradicional 10000

2º Toni Fraga

3º Diego Bouza

Muller Xuvenil  SS1 10000

1º Christina  May Nelson

Muller  Senior  K1 Tradicional

1º María Rodríguez

2º María González

Muller  Master  SS2 10000

3º Mónica Filgueiras e Raquel Aguilar

K2 mixto cadete  Sprinter 5000

5°  Aroa Regueiro e Adrián Suárez

6° Antía  Carpente e Brais  Couce

Home Cadete  SS1 5000

1º Martín López

4° David Seara

21°Juan Pérez

Home Cadete  SS2 5000

2º Miguel Fuentes e Diego Marcos

3º Valentín López e Miguel Varela

Muller Cadete  SS2 5000

2º Zeltia Marta e  Monaliza Otero

Share.

Comments are closed.