Domingo, Setembro 26

Terceiro clip da serie “Unha viaxe a Cabanas”, centrado no verán

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, estreou hoxe o terceiro vídeo da serie “Unha viaxe a Cabanas”, un conxunto de catro vídeos promocionais nos que se dá a coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial do municipio.

O terceiro destes vídeos está centrado no verán, con planos nos que se pode ver o entorno costeiro do concello, e nomeadamente a praia da Madalena, un lugar que acolle tanto alternativas de lecer como gastronómicas, pasando polas feiras e festas como as de Santa Marta, que tamén aparecen no vídeo.

Combínanse estas imaxes con tomas nocturnas que ofrecen outra visión da área urbana de Cabanas e a ponte dos Andrade, que cruza o Eume até Pontedeume.

O tenente alcalde e responsábel da área de turismo, Iago Varela, indicou que “esta serie está a servir para dar a coñecer e posicionar Cabanas como un destino turístico seguro e con alternativas para os diferentes públicos”.

Tanto este último vídeo, como os outros dous anteriores xa publicados, poden consultarse nas redes sociais do Concello de Cabanas, así como na súa web e canle de YouTube. Están elaborados por WTMode, e combinan diferentes técnicas de gravación e posprodución para acadar un resultado fresco e dinámico, adaptado a consumirse en todo tipo de dispositivos.

 

Share.

Comments are closed.