Rematan as rozas nos camiños forestais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos e medio rural, vén de informar da finalización dos traballos de roza nas pistas forestais, de acordo co convenio existente entre o Concello e o Distrito Forestal.

Por outra banda, na zona de Soaserra o Seaga tamén realizou actuacións de roza, no marco do convenio subscrito co Concello de Cabanas o ano pasado para actuacións en zonas rurais.

A concelleira Eva Garcia lembrou aos propietarios “a recomendación de extremar as limpezas das fincas como principal ferramenta de prevención de incendios forestais”.

Share.

Comments are closed.