Domingo, Setembro 26

Cabanas, Fene, Ares e Mugardos preparan a oitava convocatoria do obradoiro dual de emprego Reinicia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas volve concorrer, xunto cos concellos de Fene, Ares e Mugardos, á convocatoria de axudas para o desenvolvemento do obradoiro de emprego dual Reinicia VIII, dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.

Se se confirma a axuda autonómica, os catro municipios acollerán nove meses de formación e prácticas remuneradas en dúas accións con 20 prazas dispoñibles: 10 sobre atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 10 sobre actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O Reinicia VIII non ten aberto de momento o prazo de inscrición, pero si é moi importante que as persoas interesadas teñan ao día a súa demanda no Servizo Público de Emprego de Galiza e, ademais, que estean anotadas cos códigos de referencia para estas dúas especialidades, que son o SSCS0108 no caso de atención sociosanitaria e o AGAR0309 para o obradoiro de conservación forestal.

Chegado o momento, os requisitos xerais para poder participar no obradoiro de emprego e integración laboral serán o de atoparse en situación de desemprego, ser maior de 18 anos e estar empadroado ou empadroada nalgún dos catro concellos promotores.

Tamén fará falla ter inscrición como demandante no SPEG, a quen se lle solicitará un listado de potenciais participantes que cumpran cos perfís aos que se dirixe a formación.

Share.

Comments are closed.