sábado, noviembre 2

Programa de acompañamento emocional á mocidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os Concellos de Cabanas e Pontedeume están a levar a cabo un programa de acompañamento emocional á mocidade, no marco do Proxecto de prevención de drogodependencia e condutas aditivas no eido local dos concellos de Pontedeume e Cabanas.

Trátase de intervencións individualizadas para acompañar á mocidade creando espazos de bo trato e crecemento persoal, co obxectivo de identificar e derivar posíbeis situacións que precisan acompañamento individualizado, con base na terapia familiar sistémica e na educación emocional cunha perspectiva holística da persoa.

A primeira reunión será no centro educativo – previo consentimento das familias – e as demais poderán ser online ou de maneira presencial. Tamén existe a posibilidade de levar a cabo intervencións grupais entre perfís semellantes ou con algún grupo, sempre coa finalidade de mellorar o traballo individual centrado na persoa.

Máis información:

Concello de Cabanas | 981 495 959 (ext. 6) | servizos.sociais@cabanas.gal

Concello de Pontedeume | 981 433 288 | servizossociais@pontedeume.gal

Share.

.