O Concello de Cabanas informa de que a partir do próximo 1 de maio abre o prazo de preinscrición do Punto de Atención á Infancia (PAI) “As Viñas” de Cabanas para o curso 2021 – 2022.
As solicitudes deberán tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro Municipal previa cita. En calquera dos casos, o impreso de solicitude (dispoñíbel para a súa descarga na web cabanas.gal), debe estar acompañado do DNI das persoas solicitantes, libro de familia, declaración do IRPF ou certificado de exención e unha nómina ou documento xustificativo de figurar en activo.
O prazo para a entrega das solicitudes permanecerá aberto entre os días 1 e 15 de maio, e as persoas que desexen máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais no 981 495 959 (ext. 2 ou 6) ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal. A información completa pódese revisar no regulamento, dispoñíbel neste enlace.
Descarga | Ficha de preinscrición (doc) | Ficha de preinscrición (pdf)