O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, informa de que este xoves 2 de decembro, ás 19h no local da SCRD San Martiño do Porto terá lugar o “Obradoiro de abuso emocional”, impartido pola técnica de igualdade municipal.
Este obradoiro enmárcase dentro da proposta de actividades vencelladas á celebración do 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Ademais, o sábado 4 de decembro ás 11h terá lugar no Salón de Plenos a xornada “Violencia en mulleres maiores”, unha actividade na que se empregarán materiais da campaña De Fronte da área de igualdade da Deputación da Coruña, da que o Concello de Cabanas forma parte.