Domingo, Xaneiro 23

Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través das áreas de cultura e deporte, informa de que veñen de publicarse as bases da convocatoria para a concesión de subvencións en materia de actividades culturais, deportivas e recreativas de interese municipal realizadas por entidades de Cabanas.

Con esta convocatoria, o Concello de Cabanas quere dar apoio ás entidades e asociacións municipais sen ánimo de lucro para acadar os obxetivos que lles son propios, co fin de achegar os ámbitos culturais, educativos e deportivos ao maior número posíbel de persoas, facilitando a existencia dunha vida cultural, educativa e deportiva estábel no Concello de Cabanas.

A continuación pódense descargar as bases e os anexos de dita convocatoria.

Descarga | BOP (extracto bases) | Resolución (bases) | Anexos

 

 

Share.

Comments are closed.