Sábado, Decembro 3

O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas recibe o recoñecemento do GALP

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM) recibiu onte o premio ao mellor proxecto realizado polas Administracións Locais no GALP Golfo Ártabro Norte ao amparo do programa de axudas FEMP 2014-2020, desenroladas entre os anos 2016 e 2022.

O CIMM, impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas, naceu como un espazo de encontro para a veciñanza e visitantes, no que afondar no coñecemento e a divulgación de contidos ligados ao mar e á cultura mariñeira

O tenente de alcalde e responsábel do proxecto, Iago Varela, foi o encargado de recoller o premio na tarde deste xoves nunha gala celebrada en Narón e conducida pola xornalista Marta Docampo. Varela quixo compartir o premio “con todas as persoas involucradas no desenvolvemento do proxecto”, e destacou “a contribución do CIMM para dotar a Cabanas dunha oferta turística de calidade para crear emprego e riqueza entre a poboación local.

O proxecto do CIMM premiado onte, incluíu nas súas accións a construción do espazo físico do Centro de Interpretación, mais tamén outras actividades, como a creación dunha exposición, un showcooking de elaboracións a partir de produtos mariñeiros e proximidade, a elaboración de contidos didácticos para escolares e saídas interpretativas para coñecer o entorno marítimo de Cabanas e a súa contorna.

Durante os cinco meses que leva funcionando, o Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas acolleu varias exposicións temporais en colaboración con diversas entidades, así como obradoiros con escolares, roteiros interpretativos e mesmo unha innovadora sesión interpretativa en directo dos fondos que supuxo un importante – e innovador – despregamento tecnolóxico.

Share.

Comments are closed.