Mércores, Abril 24

Alteracións no tráfico no Polígono Vilar do Colo por traballos de asfaltado

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que nos días 2 e 3 de novembro verase alterado o tráfico no Polígono Vilar do Colo por traballos de asfaltado na rotonda situada nas inmediacións do establecemento “Mercadona”. Por este motivo, nalgúns momentos destes días haberá cortes,  debendo empregar os desvíos alternativos que se poden ver na seguinte imaxe.

O triángulo vermello indica o punto de corte (rotonda) no que se levarán a cabo os traballos; o trazado en branco e azul o desvío alternativo de paso para evitar o treito da estrada VG-12 e o trazado en azul o acceso alternativo á Rúa Áncoras e empresas do entorno.

Share.

Comments are closed.