Festa infantil e baile con DJ no Samaín de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de cultura do Concello de Cabanas vén de presentar a programación do Samaín, unha data que se celebrará o venres 4 de novembro nas instalacións do CCRD San Martiño do Porto.

Entre as 17 e as 19 horas será o momento das crianzas, cunha festa con animación infantil a cargo de La Guagua, como precedente a unha merenda para todas as participantes. Pensando xa no público adulto, a partir das 22 horas haberá magosto, e desde as 23 horas será o momento do baile de Samaín, coa actuación de DJ Nacho.

A concelleira de cultura e festas, Diana Rodríguez, destacou a colaboración do CCRD San Martiño do Porto na organización do Samaín, unha celebración “que cada ano vai rotando polas diferentes parroquias en colaboración coas sociedades veciñais”.

Share.

Comments are closed.