Domingo, Abril 28

Novo curso de manexo en novas tecnoloxías no Concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha dunha nova edición do CURSO DE MANEXO EN NOVAS TECNOLOXÍAS, dirixido á veciñanza maior de 50 anos. Está previsto que se celebre todos os xoves, entre o 7 de marzo e o 30 de maio de 2024 (coa excepción do Xoves Santo), en horario de 11:00 a 12:30 horas, na aula de informática do antigo Concello. Terá un coste de 20,00 €.

O curso servirá para que as persoas participantes se aproximen ao uso das novas tecnoloxías, adquirindo coñecementos no manexo básico de distintas aplicacións para que, de forma autónoma, poidan realizar distintos trámites administrativos tanto cun ordenador, tablet ou móbil, facilitando as xestións que necesiten realizar ante distintos organismos, tanto públicos como privados.

As persoas interesadas poden preinscribirse ata o venres 23 de febreiro chamando á area de cultura no 981 495 959 (extensión 3) ou enviando un correo a cultura@cabanas.gal

 

[ES]

El Concello de Cabanas anuncia la puesta en marcha de una nueva edición del CURSO DE MANEJO EN NUEVAS TECNOLOGÍAS, dirigido a los vecinos mayores de 50 años. Está previsto que se celebre todos los jueves, entre el 7 de marzo y el 30 de mayo de 2024 (con la excepción del Jueves Santo), en horario de 11:00 a 12:30 horas, en el aula de informática del antiguo Concello. Tendrá un coste de 20,00 €.

El curso servirá para que las personas participantes se aproximen al uso de las nuevas tecnologías, adquiriendo conocimientos en el manejo básico de distintas aplicaciones para que, de forma autónoma, puedan realizar distintos trámites administrativos tanto con un ordenador, tablet o móvil, facilitando las gestiones que necesiten realizar ante distintos organismos, tanto públicos como privados.

Las personas interesadas pueden preinscribirse hasta el viernes 23 de febrero llamando al área de cultura en el 981 495 959 (extensión 3) o enviando un correo a cultura@cabanas.gal

Share.

Comments are closed.