Axenda da semana: Día da Muller e da Nena na Ciencia, Club de lectura e Día de Rosalía

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Xoves 22:

O pasado 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Con este motivo, o Concello de Cabanas organiza o obradoiro “MemoFEM: Xogando pola memoria: Científicas e inventoras”.

Trátase dun obradoiro lúdico e formativo dirixido ás familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos. A partir do xogo, as familias participantes achegaranse á biografía de mulleres salientables no mundo STEM (ciencia, tecnoloxía, inxeniería e matemáticas) contribuíndo a unha análise crítica dos estereotipos e roles de xénero que limitan as expectativas de nenas e rapazas sobre a súa participación nestes eidos.

A actividade terá lugar o xoves, 22 de febreiro, ás 17.30h no CEIP Eladia Mariño. As familias que desexen participar poderán facelo a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou ben chamando ao 981495959 (extensión 6 ou 2).

Venres 23:

Nova sesión do Club de lectura municipal, que terá lugar na Escola Laica, ás 17:00 horas.

Esta vez, a lectura proposta por unha das persoas participantes foi o libro de Pedro Feijoo: “Ninguén contará a verdade”, Premio Xerais de Novela 2023. Tras as xestións realizadas pola Animadora cultural e a amabilidade de Pedro Feijoo, temos a sorte de poder contar coa presenza do autor e último galardoado do Premio Xerais, un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias.

Lembramos que o Club de lectura trátase dunha actividade na que as persoas participantes reúnense, normalmente, o último venres de cada mes na Escola Laica, ás 17.00 horas, para comentar e valorar as lecturas propostas tanto pola Animadora cultural, como polas persoas que participan nel.

Como cada mes se propón unha lectura, e se algunha persoa está interesada en participar só ten que poñerse en contacto coa Animadora cultural, ben de maneira telefónica (981 495 959, ext.3), ou ben por correo electrónico (cultura@cabanas.gal).

Sábado 24:

Conmemoración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro coa obra “Novos lobos”, de Fantoches Baj, na Escola Laica, ás 11.30 horas.

“Novos lobos” é un espectáculo de narración oral e monicreques, para público familiar, no que se aborda a igualdade de xénero e a non violencia desde a perspectiva das novas masculinidades. Nel, deconstrúense algúns contos da literatura popular coa vontade de ofrecer ferramentas que fomenten a paz e axuden a prever a violencia de xénero.

Ao pé dun minúsculo refuxio contra a chuvia e o vento, un pastor, Xan de Outeiro, cóntalle a un grupo de xente que anda de ruta pola montaña historias de lobos. Lobos que xa non meten medo, como o de San Froilán, quen trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o lobo que non comeu a avoíña do pastor porque lle contou historias de cando estivo na Habana. Contos todos cos que se amosa que a tradición oral serve tamén para fomentar a paz e a igualdade, no que Rosalía de Castro ten unha pegada importante.

O espectáculo terá unha duración de 50 minutos.

[ES]

Jueves 22:

El pasado 11 de febrero fue el Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia. Con este motivo, el Concello de Cabanas organiza el taller “MemoFEM: Jugando por la memoria: Científicas e inventoras”.

Se trata de un taller lúdico y formativo dirigido a las familias con niñas y niños de 6 a 12 años. A partir del juego, las familias participantes se acercarán a la biografía de mujeres reseñables en el mundo STEM (ciencia, tecnología, ingeniería y matemáticas) contribuyendo a un análisis crítico de los estereotipos y roles de género que limitan las expectativas de niñas y chicas sobre su participación en estos roles.

La actividad tendrá lugar el jueves, 22 de febrero, a las 17.30h en el CEIP Eladia Mariño. Las familias que deseen participar podrán hacerlo a través del correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal o bien llamando al 981495959 (extensión 6 o 2).

Viernes 23:

Nueva sesión del Club de lectura municipal, que tendrá lugar en la Escola Laica, a las 17.00 horas.

Esta vez, la lectura propuesta por una de las personas participantes fue el libro de Pedro Feijoo: “Ninguén contará a verdade”, Premio Xerais de Novela 2023. Tras las gestiones realizadas por la Animadora cultural y la amabilidad de Pedro Feijoo, tenemos la suerte de poder contar con la presencia del autor y último galardoado del Premio Xerais, un texto de absoluta actualidad sobre la corrupción política y sus consecuencias.

Recordamos que el Club de lectura se trata de una actividad en la que las personas participantes se reúnen, normalmente, el último viernes de cada mes en la Escola Laica, a las 17.00 horas, para comentar y valorar las lecturas propuestas tanto por la Animadora cultural, como por las personas que participan en él.

Como cada mes se propone una lectura, y si alguna persona está interesada en participar solo tiene que ponerse en contacto con la Animadora cultural, bien de manera telefónica (981 495 959, ext.3), o bien por correo electrónico (cultura@cabanas.gal).

Sábado 24:

Conmemoración del aniversario del nacimiento de Rosalía de Castro con la obra “Novos lobos”, de Fantoches Baj, en la Escuela Laica, a las 11.30 horas

“Novos lobos” es un espectáculo de narración oral y títeres, para público familiar, en el que se aborda la igualdad de género y la no violencia desde la perspectiva de las nuevas masculinidades. En él, se deconstruyen algunos cuentos de la literatura popular con la voluntad de ofrecer herramientas que fomenten la paz y ayuden a prever la violencia de género.

Al pié de un minúsculo refugio contra la lluvia y el viento, un pastor, Xan de Outeiro, le cuenta a un grupo de gente que anda de ruta por la montaña historias de lobos. Lobos que ya non meten medo, como el de San Froilán, quien cambió su ansia devoradora de carne por la de los libros, o el lobo que no comió a la abuelita del pastor porque le contó historias de cuando estuvo en La Habana. Cuentos todos con los que se enseña que la tradición oral sirve también para fomentar la paz y la igualdad, y en el que Rosalía de Castro tiene una pegada importante.

El espectáculo tendrá una duración de 50 minutos.

 

 

Share.

Comments are closed.