Inicio das actuacións preventivas contra incendios forestais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de medio rural, vén de informar do inicio das tarefas de roza nas pistas municipais, unha actuación enmarcada no convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Cabanas e a Concellaría do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

“As actuacións programadas virán a reforzar o mantemento nas zonas de maior risco de sufrir incendios por atoparse en viais de paso a zonas forestais”, sinalou a concelleira de medio rural, Eva García.

Deste modo, ao longo das próximas semanas rozaranse un total de 15.670 metros de pistas forestais en diversas zonas do termo municipal en base a este convenio, que está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER).

Share.

Comments are closed.