Sábado, Xullo 31

Tarxeta de residentes para persoas traballadoras

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas lembra que as persoas traballadoras que desenvolven a súa actividade no entorno da Praia da Madalena poden solicitar a tarxeta de residente temporal, pola duración do seu contrato. Esta medida débese á redución do número de prazas de aparcadoiro debida ás obras que se están a realizar nese espazo pola Consellaría do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Os sectores que se poden beneficiar de dita tarxeta son os da hostalería, restauración e comercio, e as persoas interesadas deben presentar a correspondente solicitude no Concello presentando a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude (entregarase no Concello)
  • Último recibo do IVTM
  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do último recibo do seguro
  • Fotocopia do permiso de circulación
  • Fotocopia da ficha da Inspección Técnica de Vehículos.
Share.

Comments are closed.