Domingo, Setembro 26

Comeza a funcionar o servizo de socorrismo na Praia da Madalena

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha desde este xoves do servizo de socorrismo na Praia da Madalena, que funcionará todos os días da semana en horario de 12 e as 20 horas, e contará cun total de cinco traballadores.

Nos últimos días, o Concello levou a cabo labores de reparación e mantemento no Posto de Socorrismo, co obxectivo de mellorar o espazo de traballo do persoal de socorro e a atención ás persoas usuarias.

Share.

Comments are closed.