Achegamos información sobre as axudas económicas para a conciliación convocadas a través da programa Bono Coidado da Consellaría de Familia da Xunta de Galiza (Orde d0 27 de xullo de 2021; publicada no DOG Númer 151, do Luns 9 de agosto de 2021).
Esta subvención apoia ás familias nos gastos económicos derivados da atención ás crianzas menores de 13 anos durante os períodos de vacacións escolares ou de carácter puntual (enfermidade, coidado de familiares, etc.), co requirimento de que “ambos proxenitores, titoras/es, acolledoras/es, gardadoras/es con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando”, é dicir, traballando de xeito remunerado.
Pódense beneficiar as familias usuarias dos campamentos de verán, no caso do concello, Cabanas Concilia e Cabanas Deportivo, durante os períodos de vacacións escolares:
- Do 1 ao 7 de xaneiro.
- Do 15 ao 17 de febreiro
- Do 29 de marzo ao 5 de abril.
- Do 23 de xuño ao 14 de setembro.
A presentación de solicitudes do Bono Coidado realizarase través da Sede Electrónica da Xunta de Galiza, con código de procedemento BS412A. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro.