Domingo, Setembro 26

Rematan os campamentos con éxito de participación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Co remate do mes de agosto, concluíron os campamentos organizados polo Concello de Cabanas nos meses de xullo e agosto. Ofertáronse, por quincenas, dous campamentos, un urbano e un deportivo, cos obxectivos principais de contribuír á conciliación familiar e crear espazos de ocio e deporte para as crianzas.

Nas dúas quincenas de xullo, tanto o campamento urbano coma o deportivo cubriron as súas prazas – 12 cada un – con nenas e nenos de Cabanas, quedando en lista de espera 3 menores do concello e 16 de concellos limítrofes.

No mes de agosto, o campamento urbano cubriu as 12 prazas en ambas quincenas con crianzas de Cabanas, agás un procedente de Ferrol. Pola súa banda, o campamento deportivo cubriu todas as súas prazas na primeira quincena, mentres que na segunda participaron 10 pequenas. Ademais, nese mes entraron todos os menores de Cabanas e tamén dos concellos de Fene, Miño, A Coruña, Pontedeume e Ferrol.

O bo tempo permitiu que varias actividades do campamento deportivo puideran trasladarse desde o Pavillón de San Martiño do Porto ao Parque do Areal e a Praia da Madalena, desenvolvendo actividades deportivas tanto na cancha de baloncesto como no propio areal.

Desde o Concello de Cabanas lembran ademais que as familias participantes nos campamentos poden optar ás axudas do programa Bono Coidado da Xunta de Galiza, que teñen como obxectivo apoiar ás familias nos gastos económicos derivados da atención ás crianzas durante os períodos de vacacións. O prazo de solicitude destas axudas remata o 30 de setembro.

Share.

Comments are closed.