Concerto de Cristian Leggiero e Paty Lesta para homenaxear á música tradicional galega

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas, o dúo formado por Cristian Leggiero e Paty Lesta ofrecerán un concerto homenaxe á música tradicional galega. Será o venres, 27 de maio, ás 19.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, con entrada libre. A actuación conta coa participación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e pechará unha intensa programación arredor da celebración das Letras Galegas.

O mesmo día 27, ás 17.00h, celebrarase unha edición especial do Club de Lectura adicado ás Letras, e ás 18.30h celebrarase a entrega de premios do III Certame de Poesía do Concello de Cabanas.

Share.

Comments are closed.