Cabanas prepara a organización dun Club de Lectura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de cultura do Concello de Cabanas está a organizar un Club de Lectura na localidade, polo que vén de abrir o proceso para que as persoas interesadas poidan comunicar o seu interese en participar do mesmo.

Trátase dunha actividade que se realizará de maneira presencial, e que se reunirá unha vez ao mes para comentar e valorar os libros propostos tanto pola animadora cultural, que será a súa coordinadora, como polas persoas que participen. Desde o Concello sinalan que “non hai que ser unha persoa lectora experta”, dado que a actividade está pensada para persoas con inquedanzas culturais, vontade de ler e que queiran expresar as súas opinións sobre as lecturas propostas.

De cara a organizar o grupo, ábrese o prazo para que as persoas interesadas envíen por correo electrónico a cultura@cabanas.gal nome e apelidos, ademais dun teléfono de contacto. O Concello traballa co obxectivo de fixar unha reunión con todas as persoas que se anoten na semana do 10 de xaneiro, de cara a marcar os días da reunións. De haber un número suficiente de participantes, estudarase a posibilidade de facer un grupo de mañá e outro de tarde.

Share.

Comments are closed.