Domingo, Xaneiro 23

Curtametraxe “Vouvos contar unha cousa”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres estreouse en Cabanas a curtametraxe “Vouvos contar unha cousa”, realizado no marco da escola de empoderamento feminino EspadELA, e dirixido por Lucía Catoira Pan.

O proxecto EspadELA está impulsado pola Cooperativa Arabías, e conta coa participación do Sindicato Labrego Galego, o financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración dos concellos de Cabanas, Valdoviño e As Pontes.

A curtametraxe, que se pode ver a continuación, é unha peza audiovisual que afinda na visibilización do impacto da COVID nas mulleres do rural, e xorde da conversa de dúas mulleres, Nieves López, veciña de Cabanas, e Magdalena López. A través dos ollos de Nieves e Lena procúrase a esperanza de camiñar xuntas cara un escenario onde celebrar a saúde e a vida, desde unha perspectiva feminista.

Share.

Comments are closed.