Cinceiros recolle cabichas no marco da campaña “A nosa vida é nosa”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas iniciou esta semana unha campaña na que se están a repartir cinceiros recolle cabichas entre as usuarias das praias do concello, cun dobre obxectivo: evitar o abandono de cabichas nos areais e concienciar sobre a eliminación da violencia machista.

Esta nova acción, impulsada polas áreas de igualdade e medio ambiente, conta coa colaboración dos chiringuitos da Praia da Madalena, nos que as usuarias do areal poderán pedir un destes cinceiros de maneira gratuíta. Ademais, tamén se poden recoller no Posto de Socorrismo e na Oficina de Información e Turismo.

A campaña “A nosa vida é nosa”, ilustrada por Leandro Lamas, pretende transmitir a necesidade de colocar a vida no centro (calma, natureza, benestar….) como condición imprescindíbel para o empoderamento e a revolución feminista.

Share.

Comments are closed.