Domingo, Setembro 26

O Concello de Cabanas e a AECC colaboran na campaña “Este verán non xogues co sol”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas e a Delegación de Ferrol da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) veñen de levar a cabo unha colaboración no marco da campaña “Este verán non xogues co Sol”, que está encamiñada a concienciar á poboación sobre os efectos que ten non organismo a exposición á radiación solar e previr así o cancro de pel.

As nenas e nenos participantes nos campamentos urbano e deportivo, que se están a levar a cabo desde as concellaría de servizos sociais e deporte neste verán de 2021, recibiron protectores solares e un folleto informativo da campaña que leva por título “Protexerse do Sol é divertido”, no que a través de ilustracións e algún xogo proporciona cinco consellos para gozar do Sol con seguridade.

Desde o Concello de Cabanas amosáronse “encantadas de colaborar coa Delegación de Ferrol da AECC na difusión desta iniciativa”, e lembran a importancia da prevención nun dos cancros – o de pel – máis frecuentes e tamén con mellor prognóstico se se detecta a tempo.

Share.

Comments are closed.