O Concello de Cabanas informa de que a prórroga da validez das tarxetas de residente do 2020 rematará o próximo 20 de xuño, polo que urxe a aquelas persoas que non o tiveran feito xa a actualizar as súas para poder aparcar nas prazas reservadas a tal fin, situadas no Paseo da Madalena e no entorno do Centro de Saúde.
Ademais, o goberno municipal decidiu eliminar os períodos de expedición e renovación que se viñan aplicando nos últimos anos, para favorecer que a veciñanza poida facer o trámite en calquera momento do ano.
Tanto as renovacións como as primeiras expedicións da tarxeta de residente débense tramitar no Rexistro Municipal, preferentemente de maneira telemática a través da Sede Electrónica, accesíbel desde esta mesma páxina web.
Documentación a presentar
Para renovacións, establécese a necesidade de presnetar a seguinte documentación xunto coa solicitude:
- Número de tarxeta anterior.
- Copia do último recibo do seguro.
- Rodaxe
Para novas solicitudes, débese presentar a seguinte documentación:
- Copia do último recibo do seguro.
- Rodaxe.
- Copia da ficha técnica da ITV
- Copia do permiso de circulación
Tramitación
- En liña (opción preferente). Acceder á Sede Electrónica > Infraestrutura viaria > Solicitude de Tarxeta de Aparcadoiro para Residentes en zonas de Estacionamento Limitado.
- Presencialmente. Cubrir e entregar a instancia, xunto coa documentación requirida, no Rexistro os luns, mércores e venres en horario de apertura.