Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación, a realizar o mércores, 26 de maio, ás 19.30 horas.
Contará coa seguinte orde do día.
- Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
- Proposta modificación Ordenanza fiscal nº 25, reguladora do prezo público pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia As Viñas.
- Elección xuíz de paz titular do Concello de Cabanas.
- Elección xuíz de paz substituto/a do Concello de Cabanas.
- Proposta aprobación Ordenanza municipal reguladora das operacións forestais de corta e saca de madeira así como das plantacións e repoboacións forestais.
- Informes da Presidencia.
- Resolucións da Alcaldía.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.
O pleno celebrarase de xeito telemático, podéndose seguir en streaming a través das redes sociais do Concello de Cabanas.