Rematan os campamentos de verán “Cabanas Concilia”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa do remate dos campamentos de verán “Cabanas Concilia”, celebrados durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Apeadoiro do Areal e no Pavillón do CEIP Eladia Mariño.

Nestes campamentos leváronse a cabo actividades deportivas e acuáticas, talleres de sensibilización, xogos de busca do tesouro, manualidades e excursións. Todas elas contaron cunha perspectiva de xénero, fomentando a igualdade entre todas e todos.

Ademais, nos campamentos promóvese unha alimentación saudábel, realizando actividades de sensibilización e fomentando unha alimentación variada.

Os campamentos “Cabanas Concilia” contan con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza.

Share.

Comments are closed.