Sábado, Abril 27

Reactívase o servizo telefónico para informar sobre os dereitos das mulleres

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o Instituto das Mulleres vén de reiniciar o servizo telefónico de información e atención sobre os dereitos das mulleres, cun horario ininterrompido de atención de luns a venres laborábeis entre as 09.00 e as 20.00h e os sábados de 09.00 a 14.00 horas. En calquera caso, fóra dese horario poden deixarse mensaxes que serán respondidas nun prazo de 24 horas, contadas desde o primeiro día hábil seguinte, ou por escrito, a través dos formularios web, cun prazo de resposta máximo de 20 días, que se reducen a 5 naqueles asuntos suxeitos a prazos inmediatos.

A través do número gratuíto 900 191 010,  poderase solicitar información, entre outros, sobre os recursos dispoñíbeis, en especial sobre aqueles que teñen como obxectivo a orientación e a promoción para o emprego, así como asesoramento especializado sobre dereitos en materia de familia e conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ou sobre organismos de igualdade.

Tamén se recollen a través dese número as queixas por contidos sexistas na publicidade, Internet ou nos medios de comunicación, que se dirixirán ao Observatorio de la Imagen de las Mujeres, xestionado polo Instituto das Mulleres.

Para consultas que non teñan carácter xurídico tamén se pon á disposición da cidadanía o correo electrónico inmujer@inmujeres.es.

Share.

Comments are closed.