Comeza a época da praia canina en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a partir deste martes, 1 de xuño, comeza a época da praia canina de Cabanas, situada no extremo sur – últimos 150 metros da praia contra o espigón – da praia da Madalena, de maneira que as persoas que desexen desfrutar coas súas mascotas do mar, poderán facer uso unicamente deste espazo.

O funcionamento da praia canina limítase ao período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro (o resto de ano non se establecen limitacións ao acceso aos areais cos cánidos), e o acceso á mesma será única e exclusivamente a través da pasarela situada ao carón da rotonda situada na entrada á zona da praia, debidamente sinalizada.

Para poder facer uso da praia canina, os cans deben contar con microchip e ter ao día a cartilla de vacinacións. Ademais, no caso das razas potencialmente perigosas, contar con boceira, colar e estar en todo momento suxeitos pola correa. Tamén é obrigatoria a recollida dos excrementos, fixándose sancións que oscilan entre os 30,05 e os 300,51 euros para os incumprimentos de carácter leve.

Share.

Comments are closed.